lunes, 18 de agosto de 2008

NOVA PAXINA

BOAS, A PARTIR DE HOXE EMPEZA A FUNCIONAR:

WWW.SDBECERREA.COM.

O principio non terá moitas novidades pero pouco a pouco, cando me vaia enterando como funciona(jeje), irei mellorando.

Este blog seguirá funcionando e está nun enlace da paxina.

sábado, 16 de agosto de 2008

TROFEO VILA DE BECERREÁ

SABADO 23

ÁS 19:30H

S.D.BECERREÁ- C.D.PARAMO

PRESENTACION DO EQUIPO

MARTES 19

ÁS 20:30 H:


S.D.BECERREÁ- S.D.OURAL

domingo, 10 de agosto de 2008

viernes, 8 de agosto de 2008

1ª XORNADA DE AUTONOMICA E DE XUVENIS

2º AUTONOMICA. GRUPO VII

SAN ROQUE- CORGO

PALAS- MONTERROSO

STA COMBA- TABOADA

BOVEDA-LAJOSA

ARENAS-PARADELA

SOBER- BARRELA

S.D.BECERREÁ- RESIDENCIA

CHANTADA- SAN LAZARO

LIGA XUVENIL- GRUPO IX

SARRIANA- CHANTADA-B

FRIOL- POLVORIN

MILAGROSA- PALAS

QUIROGA- MURALLA

COMERCIAL- S.D.BECERREÁ

SAN ROQUE- GUITIRIZ

TABOADA- RESIDENCIA-B



sábado, 2 de agosto de 2008

1 DE AGOSTO

FALTAN 0 DIAS............
EMPEZA O MES DE AGOSTO, ESPERO QUE AGORA OS SOCIOS TOMEN A INICIATIVA E COMECEN A PEDIR O CARNET DE SOCIO.
GRACIAS

miércoles, 30 de julio de 2008

NOTICIAS S.D

Boas. Hoxe pola mañá estiven no concello de Becerreá falando co Alcalde e co concelleiro de deportes. E hai boas noticias para a S.D. Becerreá.
En primeiro lugar casi está confirmado que as dúas torretas que faltan por poñer no campo se van a colocar durante esta temporada.
Ademáis deronme unha copia do proxecto de arranxo dos vestuarios, ten moi boa pinta. As obras empezarán cando este todo o papeleo listo.
A dia 30 de xullo debo dicir que o cespede do municipal está en moi boas condicións, despois dun mes seguido regando e cortando, que é o ideal para iso. Falta adecentar os arredores, pero esta tarde xa comenzaron as obras. O propio concelleiro de deportes, Claudio, xa estaba esta tarde no campo iniciando os traballos.
Finalmente a dia de hoxe o concello fixo efectivo o pago da subvencion pendente.
Con todo esto, a verdade é que todo parece coller mellor pinta. Estou seguro que para o primeiro partido de liga a xogar o dia 13 de setembro ás 6 da tarde , o campo lucirá bastante.

No aspecto deportivo , comentovos que Alvaro (S.D.Baralla) e Toni Burgo ( ex-Pontenova, ex-Riotorto) xa son xogadores da S.D.Becerreá.
O dia 12 de agosto ás 9 da noite empezan a traballar para preparar a temporada.

No tema dos xuvenis, a liga empezará o 21 de setembro. Nos vindeiros días anunciarei o primeiro día de entreno, que coincidirá cunha reunión que terei cos xogadores para comentar con eles uns aspectos que van a cambiar esta temporada.

sábado, 26 de julio de 2008

ALGUNHAS REFLEXIÓNS...

Boas a todos. Vou a utilizar o blog para contarvos cousas que pasan pola miña mente.
Resulta que me estou enterando estos dias de que volvo a estar no centro da polemica, por decimonovena vez(por dicir algo, xa perdin a conta). Queredes que vos conte unha cousa, XA É CANSINO. Sei que as criticas van implícitas cos cargos, pero XA ESTA BEN de criticar por detrás sen que eu me poda defender polo menos. Que facil é votar o discurso de que J.A. fai esto, fixo aquelo, etc, etc. Non vaiades pensar que me considero perfecto, teño muitos errores , equivocome muitas veces, pero si me pasa eso é porque estou nese cargo.
O ultimo do ultimo son comentarios que se fan en determinados sitios sobre a plantilla do Becerreá para a temporada proxima. Nese tema eu só podo dicir que o mister falou con que tiña que falar, dixo o que tiña que dicir , e punto. Eu, coma presidente non debo nin podo alegar nada; a miña función non é esa ( xa teño outras e bastantes por certo). Non vou a nomear a ninguen porque non vou a facer o que critico que fan outras persoas.
Pero nos ultimos meses dixeronse muitas mais chorradas e pasaron cousas que axudaron muito a que ass gañas de seguir no cargo se esten agotando. Que si lle paguei a algun xogador non sei cantos centos de euros por mes, criticas na organizacion do maratón , que si critico muito ó concello, etc, etc..

A temporada pasada foi moi dura pero tamen cando, despois de muito currar, consigues que tras unha primeira volta nefasta o equipo non baixe, consiguese ter un equipo de xuvenis que compite con muita dignidade na liga, consigues una Escola de Futbol na que os nenos aprenderon muito, faise unha liga local de futbol sala con exito de participación, organizase un maratón competitivo e con exito de publico, organizanse unas actividades de verán para os nenos ,..... Repito , despois de todo esto, ESTABA ILUSIONADO. De feito esa ilusión fixo que empezara a preparar a temporada con tempo, como se debe facer, e intentar non cometer os erros do ano pasado.

Pero agora a miña pregunta é ¿ merece a pena todo este esforzo? Enterome destos comentarios que se fan, levo 3 meses esperando que o concello empece as obras prometidas ( a dia 26 de xullo soamente se regou o campo), levo meses esperando que me paguen as subvencións ( ainda lles falta unha por pagar), etc.

Esta temporada tiña especial ilusión nun novo equipo que apuntei, alevin, porque me gustaría que os 16 nenos en idade alevin poideran xogar a fútbol campo (futbol 7), pero cando penso que o coste é de 5000 euros, mais os 6000 euros do equipo xuvenil, mais.....etc,etc, e nos imos a un presuposto tan alto, entranme as dudas sobre si terei gañas de seguir loitando e traballando.
Perdoade si teño muito rollo , pero son pensamentos que levo dias con eles na cabeza e necesitaba compartilos.
Nada mais, soamente espero que me volvan as gañas de empezar a 12 temporada como directivo e facer algo importante nesta temporada na que S.D.BECERREÁ cumple 25 anos.
Un saudo.

miércoles, 23 de julio de 2008

PARTIDOS DE PRETEMPORADA

Xa temos preparados varios partidos para a pretemporada:

MARTES 19 : CAMPO MUNICIPAL DE BECERREÁ

20:30 H S.D.BECERREÁ- S.DOURAL

SABADO 23: XXI VILA DE BECERREÁ

19:30H S.D.BECERREÁ- C.D.PARAMO

SABADO 30:

18:00 H RIOTORTO - S.D.BECERREÁ

SABADO 6 SETEMBRO:

19:00 H: S.D.BECERREÁ- S.D GUITIRIZ

viernes, 18 de julio de 2008

AVISO................




QUEDAN 12 DIAS
PARA .................
..........................
ALGO IMPORTANTE
PERO ......

sábado, 12 de julio de 2008

NOTICIAS S.D

David Reija ficha pola S.D.Becerreá. Ten 20 anos, procede do C.D.Lugo de división de honor. Xoga de defensa.

miércoles, 9 de julio de 2008

I TORNEO DE FUTBOL-7-BECERREÁ-2008

A principios do próximo mes de agosto terá lugar o I TORNEO DE FUTBOL-7 BECERREÁ-2008. En principio terá un máximo de 16 equipo . Proximamente máis información....
......................................................



CANCELADO
CANCELADO
CANCELADO
CANCELADO
POR PROBLEMAS ALLEOS Á S.D.BECERREÁ. OUTRO ANO SERÁ................................

jueves, 26 de junio de 2008

TEMPORADA 2008/2009

A S.D.Becerreá xa esta preparando a nova temporada: 2ª autonomica, equipo xuvenil, equipo cadete, equipo alevin, e Escola de Fútbol.
Cumplimos 25 anos. Hai que celebralo.

Necesitamos mais socios e mais anunciantes.

BUSCAMOS PATROCINADORES PARA O CAMPO, PARA A ROUPA DEPORTIVA, PARA OS CARNETS DE SOCIOS,

BUSCAMOS SOCIOS DE : 30 €, 60 €, ou de 100 €

Para mais información: 691 20 74 73

lunes, 23 de junio de 2008

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN

A S.D. Becerreá organiza, coa colaboración do Concello de Becerreá, durante os meses de xullo e agosto unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo en diferentes recintos deportivos de Becerreá: Pavillón Polideportivo, Campo de Fútbol, áreas recreativas.

Este Campus Deportivo está dirixido a todos aqueles que naceran entre 1995 e 2003, con diferentes disciplinas e actividades (deportes de equipo –fútbol, fútbol-sala, baloncesto, voleibol e balonmán- e deportes individuais –bádminton, atletismo, judo, tenis e tenis de mesa-), xogos populares, deportes alternativos, orientación e excursións.
A estructura das actividades será por semanas temáticas, cun total de
9 semanas, e faránse grupos por idades.
O día 30 de xuño ás 8 da tarde na Casa de Cultura haberá unha reunión explicativa e as actividades comenzarán o día 1 de xullo.
As actividades serán dende as 10:00 h. ata as 14:00 horas de luns a venres
O prazo para anotarse segue aberto ata o próximo 30 de xuño. Telefono de contacto:
691 20 74 73


ORGANIZA CONCELLO DE BECERREÁ e S.D.BECERREÁ

viernes, 20 de junio de 2008

FOTOS DO CAMPO MUNICIPAL.





















¿ PARECEVOS UN CAMPO DE 2ª AUTONOMICA? LEVA ASI 3 MESES.

martes, 17 de junio de 2008

domingo, 15 de junio de 2008

CENA FIN DE TEMPORADA- 14/6/2008


OS "ALBERTOS" DA S.D.BECERREÁ.....


FERRERO RECOLLE O PREMIO DO XOGADOR MÁIS REGULAR DA TEMPORADDA

RAUL RECOLLE O PREMIO POR SER O PICHICHI DO EQUIPO


ISAIAS MOSTRA O PREMIO POR SER O PICHICHI
DO EQUIPO XUVENIL.


ISAIAS RECOLLENDO O PREMIO

AS CHICAS DA S.D., QUE TANTO NOS ANIMAN NOS PARTIDOS


QUINDOS, NEGRA,ALVARO, JOSE RAMÓN...

MÁIS SEGUIDORAS DO EQUIPO, QUE TANTO NOS APOIAN.


PICHICHI DA S.D.BECERREÁ, POR SEGUNDA TEMPORADA
CONSECUTIVA,.... A VER SI REPITE A TEMPORADA SEGUINTE..

XUVENIS DA S.D.BECERREÁ


MÁIS XUVENIS DA S.D.BECERREÁ

OS " MICHEL" DA S.D.BECERREÁ E ROBERTO...




O MISTER, JOSÉ RAMON, ALVARO...





jueves, 12 de junio de 2008

miércoles, 4 de junio de 2008

NOVO EQUIPO : S.D.BECERREÁ-ALEVIN

Na temporada 2008/2009 ( 25º aniversario do clube), a S.D.Becerreá terá por primeira vez na historia un equipo alevin de futbol 7. Poderán xogar todolos nenos nados nos anos 1997 e 1998. Competirán con equipos como o : C.D.Lugo,Milagrosa, Residencia, Polvorin, Villalbés, Comercial, Sagrado Corazón.

Deste xeito a S.D.Becerreá terá 4 equipos confirmados: 2ª autonómica, equipo xuvenil, equipo cadete de futbol sala e equipo alevin.

lunes, 2 de junio de 2008

CAMPIÓN DO MARATÓN

O FOTO LUIS ARZUA
CAMPIÓN DO XI MARATÓN BECERREÁ-2008

SUBCAMPIÓN: CAMPELIN CECOS IBIAS

3º CLASIFICADO: ALUMA PELUQUEROS

MELLOR EQUIPO DE BECERREÁ: BAR STOP

MELLOR EQUIPO DA COMARCA DOS ANCARES: AUTOMOCION SEAT ANCARES


NOS PROXIMOS DIAS, HABERÁ FOTOS...

jueves, 29 de mayo de 2008

OCTAVOS DE FINAL

HORARIOS DE OCTAVOS DE FINAL

SABADO 31 DE MAYO:


22:00 H: PRIMEIRO GRUPO A- SEGUNDO GRUPO B
23:00 H: PRIMEIRO GRUPO B- SEGUNDO GRUPO A

DOMINGO 1 DE JUNIO
00:00 H: PRIMEIRO GRUPO C- SEGUNDO GRUPO D
01:00 H: PRIMEIRO GRUPO D- SEGUNDO GRUPO C
02:00 H: PRIMEIRO GRUPO E- SEGUNDO GRUPO F
03:00 H: PRIMEIRO GRUPO F- SEGUNDO GRUPO E
04:00 H: PRIMEIRO GRUPO G- SEGUNDO GRUPO H
05:00 H: PRIMEIRO GRUPO H- SEGUNDO GRUPO G

GRUPOS XI MARATÓN BECERREÁ-2008


XI MARATÓN FUTBOL SALA.PARTIDOS E HORARIOS DA PRIMEIRA FASE







jueves, 22 de mayo de 2008

NOVO EQUIPO: VETERANOS- S.D.BECERREÁ

A S.D.Becerreá está estudando a posibilidade de apuntar un novo equipo na temporada 2008/2009. Sería o equipo de veteranos S.D. Para iso necesitamos contar cun mínimo de 20 xogadores de máis de 30 anos. Os interesados poden chamar ó 691 20 74 73 ou falar directamente co presidente.

EQUIPO XUVENIL-2008/2009

SE NACICHES NOS ANOS 1992,1991,1990, E QUERES XOGAR Ó FÚTBOL, A S.D.BECERREÁ DÁCHE A OPORTUNIDADE DE FACELO. APÚNTATE FACENDO UN COMENTARIO NESTE BLOG OU CHAMANDO Ó TELÉFONO_ 691 20 74 73

SE NACICHES NOS ANOS 1993,1994 E QUERES XOGAR Ó FÚTBOL/FÚTBOL SALA, A S.D.BECERREÁ VAI TER EQUIPO CADETE DE FUTBOL SALA E EQUIPO NA LIGA AUTONÓMICA LOCAL DE FÚTBOL XUVENIL

lunes, 19 de mayo de 2008

LIGA LOCAL. RESULTADOS E PROXIMA XORNADA


O BAR STOP, É XA O CAMPIÓN DA 1ª LIGA LOCAL DE BECERREÁ.
ENHORABOA.

jueves, 8 de mayo de 2008

lunes, 5 de mayo de 2008

jueves, 1 de mayo de 2008

COMPARATIVAS


BOAS. Gustariame que vos fixárades nas clasificacións que adxunto. Son relevantes varios datos.

Ó final da primeira volta eramos o segundo peor equipo, e estabamos en descenso xunto con Rubian, Corgo e Antas. Na xornada 30, estes tres equipos acabaron descendendo.

A S.D.Becerreá fixo 25 puntos na segunda volta( 7 victorias, 4 empates e 3 derrotas) , o que nos convirte no cuarto equipo na clasificación parcial da segunda volta.

Son datos, cifras, pero que son interesantes para poder afirmar que o que se fixo nesta segunda volta é moi importante e non é nada facil.

CLASIFICACIÓN FINAL, ASCENSOS E DESCENSOS




martes, 29 de abril de 2008

COPA DIPUTACION


A VER SI SE ENTENDE BEN O CUADRANTE

lunes, 28 de abril de 2008

S.D.BECERREÁ SEGUE EN SEGUNDA AUTONOMICA

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡CONSEGUIMOLO¡¡¡¡¡¡¡¡¡
SEGUIMOS UN ANO MAIS EN 2ª AUTONOMICA
GAÑAMOS EN CORGO 1-2

lunes, 21 de abril de 2008

ULTIMO PARTIDO DE LIGA

C.D.CORGO- S.D.BECERREÁ
  • SI GAÑAMOS, SEGUIMOS EN SEGUNDA
  • SI EMPATAMOS, SEGUIMOS EN SEGUNDA
  • SI PERDEMOS, DESCENDEMOS A TERCEIRA

ESTE DOMINGO , TODOS TEMOS
UNHA CITA EN CORGO ÁS 5 DA TARDE PARA APOIAR Ó EQUIPO

domingo, 20 de abril de 2008

RESULTADOS FIN DE SEMANA







Empezamos o sabado pola mañá co equipo benxamin, que foi inxustamente eliminado polo AZKAR LUGO. A falta de 2 minutos íamos gañando por 2-3, pero gracias a unha falta inxusta empatan e imos ós penaltis. Perdimos, pero temos que estar contentos cos nenos, XOGARON MOI BEN E FORON SUPERIORES.






O sabado pola tarde o equipo cadete perdeu 6-3 contra o FINGOY F.S.. Mal resultado pero segue mellorando o equipo cadete en xogo e en actitude.






Mais tarde no campo de Polvorin, o San Roque gaña o partido de ida da Copa dos xuvenis. Resultado 4-0. Eliminatoria complicada.






O domingo pola tarde a S.D.Becerreá tocalle descansar pero xogándose muito en outros partidos. Os resultados non acompañaron de todo. O corgo gañou ó Arenas, 2-5, e o Bonxe gañou na casa fronte ó Antas, 4-2. Cos resultados que houbo, A S.D.BECERREÁ NECESITA PUNTUAR EN CORGO, SENON DESCENDEMOS A TERCEIRA AUTONOMICA.