lunes, 23 de junio de 2008

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN

A S.D. Becerreá organiza, coa colaboración do Concello de Becerreá, durante os meses de xullo e agosto unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo en diferentes recintos deportivos de Becerreá: Pavillón Polideportivo, Campo de Fútbol, áreas recreativas.

Este Campus Deportivo está dirixido a todos aqueles que naceran entre 1995 e 2003, con diferentes disciplinas e actividades (deportes de equipo –fútbol, fútbol-sala, baloncesto, voleibol e balonmán- e deportes individuais –bádminton, atletismo, judo, tenis e tenis de mesa-), xogos populares, deportes alternativos, orientación e excursións.
A estructura das actividades será por semanas temáticas, cun total de
9 semanas, e faránse grupos por idades.
O día 30 de xuño ás 8 da tarde na Casa de Cultura haberá unha reunión explicativa e as actividades comenzarán o día 1 de xullo.
As actividades serán dende as 10:00 h. ata as 14:00 horas de luns a venres
O prazo para anotarse segue aberto ata o próximo 30 de xuño. Telefono de contacto:
691 20 74 73


ORGANIZA CONCELLO DE BECERREÁ e S.D.BECERREÁ

No hay comentarios: