miércoles, 30 de julio de 2008

NOTICIAS S.D

Boas. Hoxe pola mañá estiven no concello de Becerreá falando co Alcalde e co concelleiro de deportes. E hai boas noticias para a S.D. Becerreá.
En primeiro lugar casi está confirmado que as dúas torretas que faltan por poñer no campo se van a colocar durante esta temporada.
Ademáis deronme unha copia do proxecto de arranxo dos vestuarios, ten moi boa pinta. As obras empezarán cando este todo o papeleo listo.
A dia 30 de xullo debo dicir que o cespede do municipal está en moi boas condicións, despois dun mes seguido regando e cortando, que é o ideal para iso. Falta adecentar os arredores, pero esta tarde xa comenzaron as obras. O propio concelleiro de deportes, Claudio, xa estaba esta tarde no campo iniciando os traballos.
Finalmente a dia de hoxe o concello fixo efectivo o pago da subvencion pendente.
Con todo esto, a verdade é que todo parece coller mellor pinta. Estou seguro que para o primeiro partido de liga a xogar o dia 13 de setembro ás 6 da tarde , o campo lucirá bastante.

No aspecto deportivo , comentovos que Alvaro (S.D.Baralla) e Toni Burgo ( ex-Pontenova, ex-Riotorto) xa son xogadores da S.D.Becerreá.
O dia 12 de agosto ás 9 da noite empezan a traballar para preparar a temporada.

No tema dos xuvenis, a liga empezará o 21 de setembro. Nos vindeiros días anunciarei o primeiro día de entreno, que coincidirá cunha reunión que terei cos xogadores para comentar con eles uns aspectos que van a cambiar esta temporada.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

BEEEEECERREEEAAAAAAAA!!!!!
ESTO ESTASE A POÑER BONITO...
PARECE QUE VAI HABER COMPETENCIA DE CARALLO PARA XOGAR ESTE ANO...
A PRIMEIRA FIXO!
GRACIAS O CONCELLO, SE SEGUIRAN OS OUTROS NA VIDA SE FACIA NADA...GRAZAS MARTINEZ!!!

Anónimo dijo...

GRACIAS j.a!SEGUE CA MESMA ILUSION MOITOS VALORAMOLO...

Anónimo dijo...

la verdad es q los cosas estan cambiando...Becerreá resurgirá de sus cenizas...esta nueva corporacion cambiara el pueblo!!!
viva el alcalde y viva el presi!
suerte a todo el equipo este año y a todo el deporte en general...

Anónimo dijo...

sorte a toda a sd

Anónimo dijo...

asi non tedes escusas para non ascender...
SUERTE PA A TEMPADA.

Anónimo dijo...

hola, quixera que como socio, se me informase a min e a tódolos socios restantes do estado das contas da sd becerrea no exercicio 07/08 a traves deste blog.

S.D.BECERREÁ dijo...

Estarei encantado de darchas persoalmente. Asi aproveito para axudarche a comprar o deshumidificador que me pides noutro comentario que fixeche.
As contas da S.D. están a disposicion de calquera socio. De feito ficen unha asamblea de socios , á cal foron 4 socios. Polo que parece ti non fuche.