sábado, 26 de julio de 2008

ALGUNHAS REFLEXIÓNS...

Boas a todos. Vou a utilizar o blog para contarvos cousas que pasan pola miña mente.
Resulta que me estou enterando estos dias de que volvo a estar no centro da polemica, por decimonovena vez(por dicir algo, xa perdin a conta). Queredes que vos conte unha cousa, XA É CANSINO. Sei que as criticas van implícitas cos cargos, pero XA ESTA BEN de criticar por detrás sen que eu me poda defender polo menos. Que facil é votar o discurso de que J.A. fai esto, fixo aquelo, etc, etc. Non vaiades pensar que me considero perfecto, teño muitos errores , equivocome muitas veces, pero si me pasa eso é porque estou nese cargo.
O ultimo do ultimo son comentarios que se fan en determinados sitios sobre a plantilla do Becerreá para a temporada proxima. Nese tema eu só podo dicir que o mister falou con que tiña que falar, dixo o que tiña que dicir , e punto. Eu, coma presidente non debo nin podo alegar nada; a miña función non é esa ( xa teño outras e bastantes por certo). Non vou a nomear a ninguen porque non vou a facer o que critico que fan outras persoas.
Pero nos ultimos meses dixeronse muitas mais chorradas e pasaron cousas que axudaron muito a que ass gañas de seguir no cargo se esten agotando. Que si lle paguei a algun xogador non sei cantos centos de euros por mes, criticas na organizacion do maratón , que si critico muito ó concello, etc, etc..

A temporada pasada foi moi dura pero tamen cando, despois de muito currar, consigues que tras unha primeira volta nefasta o equipo non baixe, consiguese ter un equipo de xuvenis que compite con muita dignidade na liga, consigues una Escola de Futbol na que os nenos aprenderon muito, faise unha liga local de futbol sala con exito de participación, organizase un maratón competitivo e con exito de publico, organizanse unas actividades de verán para os nenos ,..... Repito , despois de todo esto, ESTABA ILUSIONADO. De feito esa ilusión fixo que empezara a preparar a temporada con tempo, como se debe facer, e intentar non cometer os erros do ano pasado.

Pero agora a miña pregunta é ¿ merece a pena todo este esforzo? Enterome destos comentarios que se fan, levo 3 meses esperando que o concello empece as obras prometidas ( a dia 26 de xullo soamente se regou o campo), levo meses esperando que me paguen as subvencións ( ainda lles falta unha por pagar), etc.

Esta temporada tiña especial ilusión nun novo equipo que apuntei, alevin, porque me gustaría que os 16 nenos en idade alevin poideran xogar a fútbol campo (futbol 7), pero cando penso que o coste é de 5000 euros, mais os 6000 euros do equipo xuvenil, mais.....etc,etc, e nos imos a un presuposto tan alto, entranme as dudas sobre si terei gañas de seguir loitando e traballando.
Perdoade si teño muito rollo , pero son pensamentos que levo dias con eles na cabeza e necesitaba compartilos.
Nada mais, soamente espero que me volvan as gañas de empezar a 12 temporada como directivo e facer algo importante nesta temporada na que S.D.BECERREÁ cumple 25 anos.
Un saudo.

6 comentarios:

anonimo dijo...

Hay DIOS porque se mueren mas de envidia que de cancer... animo..

Anónimo dijo...

ÁNIMO Y NIN CASO OS COMENTARIOS!!!
CON HAI NINGUÉN NO POBO Q PODA LEVAR ESTO COMA TI.
UN ABRAZO.

Anónimo dijo...

Pois eu si estou no teu lugar o que faría é deixar todo por moito que me guste o cargo. A verdad é que traballar para que ninguén che agradezca nada non vale a pena. Cando tu non estés será cando se den conta quen eras é o traballo que facías sin nada a cambio.

Un abrazo é ánimo tanto como si sigues como si déixalo cargo Aínda que sei que che poñen a etiqueta de raro o traballo que levas feito durante todos estos anos é para quitarse o sombreiro diante tua.

S.D.BECERREÁ dijo...

Tes toda a razón. Haberá que deixalo ....,.
Non quero facer pensar que o que busco sexa agradecementos, pois xa sei que poucos hai.
O que non sabía e que me chaman "raro",.... Pois está ben sabelo. Gracias polo teu apoio.

Anónimo dijo...

TEN ESTO ALO QUE VER FALTAN DIAS.......?????????

Anónimo dijo...

hola desexaria solicitar unha subvencion do clube para comprar un deshumidificador, xa que a miña pantalla, quedou inundada con tanta lágrima. gracias
espero que poidades axudarme, afogo en bagoas!!!!