
Acabou a temporada para o equipo xuvenil, coa derrota ante o San Roque por 5-2. Na clasificación final quedamos decimos despois de grandes equipos como: Monterroso e Sagrado Corazón ( clasificados para a fase de ascenso), Milagrosa, Polvorin, Residencia, San Roque. A temporada podese considerar como bastante boa, por varios motivos. Xogamos contra moitos equipos que levan moitas temporadas competindo. No noso caso todos os xogadores eran de primeiro ano, ainda que pola idade algúns xa acaban agora a sua etapa xuvenil. Facía 5 temporadas que non existía equipo xuvenil no noso pobo.
Tamén me gustaría destacar a laboura do mister ,MIGUEL FREIJO, conseguindo que houbera un grupo unido de xogadores, con notable presencia nos entrenamentos e boa actitude nos partidos. Ademáis de xogar ben ó futbol é importante deixar boa imaxen polos campos por onde vas.
Tamen quero agradecer a colaboración por parte de todolos xuvenis en todos os traballos nos que lle pedin axudas.
Agora toca xogar a Copa Elide, contra o San Roque ( 19 de abril e 26 de abril) e despois preparar a temporada 2008/2009, na que teremos 4 baixas pero esperamos contar con altas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario