Véxome na obriga de facer un comunicado explicativo sobre a Escola de Fútbol da S.D.Becerreá na temporada 2006/2007, despois de que persoas malintencionadas fixeran acusacións, que considero moi graves, feitas sobre a miña persoa.
A temporada pasada competiron con nome de S.D.Becerreá no deporte escolar 26 nenos. Os pais foron informados de que sería conveniente comprar unha equipación para que todos os nenos vestiran igual nos partidos. Tamén se falou da compra dun chandal para cada xogador, porque saían mas baratos ó comprar un lote de 26. Esta roupa seria propiedade dos nenos, non do clube.
Informeilles ós pais de que ía a buscar un patrocinador para que o custo económico fora o menor posible. Eu, como presidente da S.D.Becerreá falei con D.Antonio González Madarro ( Almacenes González) quen me respondeu afirmativamente. A cantidade que lle solicitei foi de 350 €( 14 euros por neno). As equipacións levaban o nome do patrocinador. Os pais pagaron a diferencia entre o custo da roupa e o ingreso en concepto de patrocinio .
Si D. Antonio Gonzalez sabe dunha tenda de deportes donde se poda comprar un chandal e unha equipación por 14 €, pidolle por favor que mo faga saber.
Como directivo do clube nos ultimos once anos, pido unha cousa a esas persoas que tan incoscientemente falan por falar: non mezclemos churras con merinas... O deporte é o deporte e a politica é outra cousa.
José Antonio Guerra Castro
sábado, 24 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario